lunes 16 de abril de 2018
Miguel Vázquez Freire Pode un falanxista facerse masón?, preguntábame nunha nota precedente. Obviamente semella difícil no período franquista da conxura xudeo-masónica (ver nota 1). Por outra banda, o vínculo explícito do ideario da Falange co catolicismo romano tamén o dificulta por canto a masonería foi explicitamente condenada como herética polo papado no século XIX. Como sinala o xesuíta José Antonio Ferrer Benimeri, autor da mellor obra de divulgación sobre a historia da masonería publicada
martes 3 de abril de 2018
Demos de Verán. Nota V Na librería Follas Novas de Santiago de Compostela hai permanentemente desde hai ben tempo un andel completo dedicado ás obras do célebre historiador das relixións de orixe romanesa Mircea Eliade. Alí foi onde eu descubrín os múltiples rexistros da súa traxectoria de escritor. Eu achegueime hai moitos anos á súa figura como calquera estudante de filosofía, e lin con apaixonamento os seus traballos xa clásicos sobre a distinción entre o sagrado e o profano e o significado d
domingo 18 de marzo de 2018
Demos de verán. Nota IV Foi un caso que deu moito que falar nas páxinas de sucesos dos diarios españois nos anos oitenta. O PSOE gañara as eleccións en 1982 con maioría absoluta e formara o seu primeiro goberno, momento que moitos historiadores toman como punto final da etapa de transición á democracia, que se iniciara trala morte de Franco en 1975. En 1984 é detido Eduardo González Arenas como responsable dunha organización xuvenil coñecida co nome de Edelweiss (sobre o simbolismo no entorno n
domingo 4 de marzo de 2018
Tabaré Santellán Rumores baixo o luar. Relatos do lado escuro do folclore é un compendio de relatos de terror inspirados polas lendas de Galicia. A superstición e as historias de tradición oral encóntranse nestas doce historias que buscan reinterpretalas dende un prisma contemporáneo e, ao mesmo tempo, co mesmo sabor do xénero gótico máis clásico. Contando con referentes que van dende Edgar Allan Poe e Lord Dunsany ata Robert W. Chambers ou H. P. LovecraB, Tabaré constrúe doce historias que cab
lunes 29 de enero de 2018
Título: Tripas Autor: Alberte Momán Noval Editorial: Belagua. 2017 Edición bilingüe Gallego/Español Facer visibles as tripas, todo o que de forma natural permanece agochado, non é fácil, nin sequera conveniente. Transparentar os tecidos que recobren o oculto significa evitar as precaucións inherentes ao instinto de supervivencia, espirse no máis cru inverno dunha periferia universal e fragmentada. Deixar constancia da dor, da mácula coa que o sangue escurece as superficies é, en esencia, m
miércoles 24 de enero de 2018
Demos de verán, nota III Despois da Segunda Guerra Mundial, España converteuse nun refuxio privilexiado para personalidades con responsabilidades nos partidos de orientación nazifascista, incluídos os que colaboraron activamente cos ocupantes alemáns en países do Leste de Europa. A lista dos procedentes da propia Alemaña é ben numerosa, como se pode constatar neste sitio web1. En 2012, o escritor Andrés Pérez Domínguez publicou El silencio de tu nombre, un traballo de investigación no que detal
miércoles 24 de enero de 2018
Demos de Verán, nota II En 1981, Steven Spielberg estrea a primeira entrega das aventuras de Indiana Jones: Raiders of the Lost Ark (en España foi distribuída co título En busca del arca perdida). A historia que conta é, como todas as das saga, tan fantástica como inverosímil mais hai un elemento, que xoga un papel central no desenvolvemento da acción, que ten unha base máis plausible do que a priori puidera parecer. Indi é comisionado polo mesmísimo presidente dos Estados Unidos, Theodoro Ro
miércoles 24 de enero de 2018
NOTA 1: A Falange, Franco e os fascismos Demos de verán é unha novela que nace da confluencia entre varias liñas de inspiración. Liñas que obviamente non se esgotan no desenvolvemento que finalmente atoparon concreción na novela. Paralelamente, no traballo de documentación apareceron tamén novos materiais aos que as veces custou renunciar. O autor mediante este blog quere recuperar algúns daqueles posibles desenvolvementos finalmente frustrados ou deses materiais desbotados. Non porque pense
lunes 26 de junio de 2017
Título: O caso Quintana Autor: Miguel Alonso Editorial: Belagua Ano: 2017 Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a súa vida universitaria. Independencia, novas amizades, festas... Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado. Nos corredores da facultade de Psicoloxía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional coma Laura M
lunes 17 de abril de 2017
Anxo Garrido Fernández En la clase del 14 de marzo de 1979 –impartida en el Collège de France como parte del curso titulado Naissance de la biopolitique—, Michel Foucault va a acuñar una de las herramientas de su vasta producción – la noción de empresario de sí mismo— que ha hecho mayor fortuna por lo que hace a su aplicabilidad en la interpretación de las sociedades contemporáneas. Esta particular modulación del homo oeconomicus liberal, viene a culminar la tendencia de la racionalidad guberna
martes 21 de marzo de 2017
Título: Horizonte de sucesos Autor: Anxo Fariña Editorial: Xerais Ano: 2016 Álex Mene Horizonte de sucesos é unha historia sen nomes. Non sabemos se é unha lembranza desenfocada polo paso do tempo ou unha percepción alterada pola doenza do protagonista. O autor nunca nos di como se chama, e as cidades onde transcorre a acción son identificadas tan só por unha inicial que pode ser verdadeira ou falsa. Esta idea, a de situar o relato nalgún lugar entre a realidade e a ficción, acentúa a int